Estivemos aprendendo algunha cousiña sobre as arañas. Esta semana continuaremos.
Mirade que artistas estamos feitos
Estivemos aprendendo algunha cousiña sobre as arañas. Esta semana continuaremos.
Mirade que artistas estamos feitos
Creamos na aula un recanto de observación.
Estamos feitos uns investigadores!!!!
Apañamos bichos e ímolos vendo.
Esta semana vimos zapateiros (parecían xoaniñas pero non o eran!!!!
Hoxe Carla trouxo caracois.
Os caracois estiveron encantados de vir ao cole porque nos ensinaron os corniños!!!
Nas vindeiras dúas semanas traballaremos sobre o medo.
Esta semana estivemos traballando máis cousas de outono.
Comezamos o noso caderno de follas, árbores, plantas pegando unha folla de castiñeiro e escribindo esa palabra.
Fixemos un comecastañas para comezar a xogar no recreo a vindeira semana .
Foi moi importante facer a cor marrón. Fixemos maxia coas cores ¿Cales mesturamos? ¿Lembrades?
Pintámolo entre tod@as.
Clica no comecastañas para ver máis fotos
Montamos na clase un recanto cos tesouros do outono que recollemos a fin de semana.
Estivemos contando que cousas atopamos
Estivemos vendo castañas e fixemos uns bonitos caracois.
Esta semana comezamos a traballar no gran globo de papel que imos fabricar cos alumnos para o día de clausura da Illa Fantasia deste curso...