viernes, 26 de marzo de 2021

PREPARANDO AS BOLSAS PARA OS TRABALLOS DO TRIMESTRE

 

MIRADE QUE BOLSAS MÁIS CHULAS FIXEMOS PARA LEVAR OS NOSOS TRABALLOS

XA CHEGARON AS PRIMEIRAS PLANTAS PARA O XARDÍN ÉLFICO

 Para axudar a Odonata a superar a melancolía élfica que sente que mellor maneira que contaxiarlle un pouco de alegría a través das plantas e flores.

Xa  temos na clase os inicios do noso xardín élfico. Á volta de vacacións ampliarémolo entre tod@s.

Xa veredes como.

Na casa tamén podedes ir empezando a crear os vosos xardíns élficos para vencer a melancolía e podedes mandar fotos.Encántanos velas na clase.






jueves, 18 de marzo de 2021

viernes, 12 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER 8 MARZO 2021

 Entre tódalas cousas que fixemos esta semana, un día especial foi o que adicamos a todas aquelas mulleres ás que admiramos e queremos moito.

Aquí vos deixo unhas fotos cuns debuxos moi fermosos para vós mulleres: nais, avoas, primas.....






Coñecemos tamén a unha muller emprendedora que co seu traballo e dedicación agora dirixe "Casa Grande de Xanceda", a granxa dos seus avós.

Aquí vos deixo o vídeo que vimos para que o recordedes coas vosas familias.




viernes, 5 de marzo de 2021

INICIÁNDONOS NO COÑECEMENTO DAS ABELLAS

 Esta semana vimos varios videos sobre as abellas, aprendimos algunhas cousas curiosas sobre elas e moitos compañeiros e compañeiras trouxeron á clase algunha abella, outros insectos, algún caracol e tamén restos dun panal de abellas.

Moitas grazas por participar e ensinarnos a aprender familias!!!

A vindeira semana continuaremos



APRENDEMOS XOGANDO NOS RECANTOS

 Esta semana estivemos facendo collage, pintura con pincel mellorando a nosa axilidade e precisión na man, démoslle traballo ao noso cerebro facendolle pensar para montar un crebacabezas e para deseñar unha construcción orixinal e por último traballamos cos nomes dos compañeiros e compañeiras de clase escribíndoos e vendo que letras tiñan.

Aqui vos deixo un collage



Traballando coas emocións

 Fixemos un mural entre tod@s @s de infantil traballando tres emocións moi importantes:

ENFADO

TRISTEZA

ALEGRÍA

Esta actividade enmarcámola dentro do proxecto anual do centro "Emocións e ecoloxía".




CONMEMORACIÓN DIA DO LIBRO

  Esta semana compartimos cos nosos compañeiros e compañeiras de Primaria unha experiencia moi chula. Foron os nosos padriños e madriñas lec...