viernes, 30 de abril de 2021

TEMOS EIRUGAS NO COLE!!!!

 Están comendo moito as nosas eirugas. Coidámolas entre tod@s.

 Cada  día imos vendo como van medrando e se teñen comida.

Nun tempo nacerán as nosas bolboretas.


Esta semana tamén estivemos plantando. 

Plantamos cenorias, xirasois e perexil, a ver se medra a nosa colleita!!!











viernes, 23 de abril de 2021

CULTIVANDO

 Esta semana estivemos decorando e plantando as nosas leitugas.

Coidarémolas moito para que medren.


viernes, 16 de abril de 2021

COÑECENDO UN NOVO INSECTO: AS BOLBORETAS

 Esta semana comezamos a estudar as bolboretas. Moitos compañeiros/as trouxeron informacións para contarnos.

Xa temos un sitio na clase adicado para estes fermosos insectos.

Imos aprender moitas cousas!!!!


Estivemos tamén aprendendo cousas sobre as plantas, xa que na vindeira semana plantaremos unha leituga nunhas macetas que nós mesmos estivemos decorando.

Aquí vos deixo un video para recordar algunhas cousas:



viernes, 9 de abril de 2021

APRENDENDO NOVOS XOGOS

 Estamos aprendendo a xogar ás chapas aproveitando tapóns e tamén ao 3 en raia.

Divertímonos moito durante os recreos.



INICIANDO O 3º TRIMESTRE

 Esta semana estivemos vendo algunhas cousas sobre abellas que trouxeron compañeiros da clase.

Aquí vos deixo unhas fotos para que vexades unha avespa velutina e unha abella. Mirade vaia diferenza de tamaño!!!

Vimos tamén mel nun cachiño de panal


 Como xa aprendemos moitas cousas sobre as abellas durante o 2º trimestre,  a  partir da vindeira semana comezaremos a estudar un novo insecto AS BOLBORETAS. Animádevos a investigar sobre elas para traer información ao cole. Encántanos ver as cousas que traedes.


CONMEMORACIÓN DIA DO LIBRO

  Esta semana compartimos cos nosos compañeiros e compañeiras de Primaria unha experiencia moi chula. Foron os nosos padriños e madriñas lec...