viernes, 28 de mayo de 2021

Coidado da Natureza e alimentación saudable!!!



Algúns compañeir@s mandaron fotos da leituga que plantamos no cole e mandamos para a casa.

Como medran!!!!



 

Esta semana escribimos no cole os ingredientes necesarios para un rico sandwich de xoaniña.

Moit@s xa o probaron. Ummm que rico!!!









viernes, 21 de mayo de 2021

CONCERTO GRUPO QUEIROA- LETRAS GALEGAS 2021 XELA ARIAS

 Esta semana o tempo permitiu realizar o concerto que estaba programado como actividade para o día das letras galegas.

Gustounos moito.

Aquí vos deixo uns vídeos.



CLICADE AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS DO CONCERTO

SEGUEN MEDRANDO AS EIRUGAS

 ALGUNHAS DAS EIRUGAS QUE TIÑAMOS NA CLASE XA FIXERON A SÚA CRISÁLIDA.

EN POUCO TEMPO NACERÁN AS BOLBORETAS.


ESTA SEMANA TAMÉN LEVAMOS PARA A CASA A NOSA MANUALIDADE DE BOLBORETA.

MIRADE QUE CHULAS NOS QUEDARON



viernes, 14 de mayo de 2021

A NOSA BONITA HOMENAXE A XELA ARIAS

 Con motivo da conmemoración do Dia das Letras Galegas, dende infantil quixemos facer unha pequena homenaxe a Xela Arias traballando un dos seus poemas e plasmándoo nunha bonita obra plástica coas flores que trouxemos ao cole.




Este foi o poema que traballamos na aula:

A NATUREZA A PARI-LOS CANTOS DOS PARDAOS

NAS RAMAS DOS PIÑEIROS

OS TOXOS TIMIDIÑOS FLORECENDO

COS LAGARTOS INVERNANTES ACOCHADIÑOS

VAI  TI SABER

EN QUE COVACHA ESCONDIDOS

clicade aquí para ver mais fotos dos murais en colaboración con outros cursos.

AS EIRUGAS SEGUEN MEDRANDO

Esta semana rematamos a manualidade da nosa eiruga reutilizando cartóns de ovos.

Quedounos moi chula!!!!




DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA -15 DE MAIO

Cada un/unha fixo a súa representación de algo tan importante como é a familia.

Aquí tedes o resultado.

Arte con cariño



viernes, 7 de mayo de 2021

INVESTIGAMOS NA NATUREZA

 Esta semana unha compañeira trouxo á clase dous grilos.

Encántanos ver insectos!!!!!



Seguimos estudando sobre as bolboretas. Esta semana fixámonos na bolboreta monarca.

Xa sabemos moito sobre o seu ciclo vital.

Aquí vos deixo un vídeo que vimos esta semana 





Xoguetes novos

  Esta semana presentamos e estreamos xoguetes novos e entre eles material para o recanto de xogo simbólico. Pasámolo xenial