martes, 31 de mayo de 2022

EXCURSIÓN Á GRANXA DE BELELLE

 O venres fomos a Belelle e disfrutamos moito de todo o que nos ensinaron na Granxa.
Pasámolo xenial.
Déixovos un vídeo para que vexades que ben o pasamos.


martes, 24 de mayo de 2022

Feirón Ama con corazón e Feirón do unicornio

 Entramos na recta final do curso, por iso xa temos listos os productos que intercambiaremos no Feirón do cole: "Ama con corazón" o cal celebraremos na praza Suárez Picallo, e no Feirón da Illa: "Feirón do unicornio", que faremos de xeito virtual con nenos e nenas doutros coles.

Terán lugar os días 1 e 3 de xuño respectivamente.

Aquí vos deixo unhas fotos dos productos que elaboramos.

Espero que vos gusten.





Produtos elaborados por tódolos cursos


viernes, 20 de mayo de 2022

Medindo tiburóns: traballamos co metro

 Esta semana, unha das actividades que fixemos foi medir tiburóns.
Aquí vos deixo un video para que vexades o grande que era o megalodón. Foi o que máis nos chamou a atención.
Aprendemos a medir co metro traballando en equipo.


viernes, 13 de mayo de 2022

Letras galegas 2022 Florencio Delgado Gurriarán

 Quixemos facer a nosa particular homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán bailando xuntos a versión cantada do seu poema "A pandeirada".




Elaboramos tamén un marcapáxinas cunha técnica nova que non coñeciamos: restos de afiar e algodón.






viernes, 6 de mayo de 2022

Fixemos moitas actividades esta semana!!!

Disfrutamos do concerto A voar este luns 2 de maio

Clicade na imaxe para acceder ao álbum

ABC BODY: Encántanos facer letras co noso corpo












Visita á biblioteca: Conto Xoaniña rosmona e bingo de xoaniñas










Actividades nos recantos da aula. Artistas da plastilina



Gozamos da aprendizaxe na natureza. 
A praia

Clicade na imaxe para acceder ao álbum

 

Xoguetes novos

  Esta semana presentamos e estreamos xoguetes novos e entre eles material para o recanto de xogo simbólico. Pasámolo xenial