martes, 21 de diciembre de 2021

Nadal no cole

 Hoxe estivemos de festa.
Xogamos, comemos chocolate con churros, celebramos as badaladas,  e viñeron os Reis Magos a visitarnos.
En fin, un día moi completo e agora xa merecemos unhas boas vacacións.
Déixovos unha fotos resume do día. Picade na cámara
Bo Nadal e vémonos en xaneiro.














Tarabelo nas Ondas: Especial Badaladas de trimestre

 Este ano fomos os encargad@s da edición do Tarabelo nas Ondas especial do Nadal.
 Picade sobre a imaxe e poderedes escoitar o audio do programa.
Estamos feit@s uns fantásticos locutores.




viernes, 17 de diciembre de 2021

Decoración navideña

 Facendo uso do consumo responsable reutilizamos unhas oveiras de cartón para convertelas en fermosas campaniñas para decorar a árbore de Nadal.




CARTA MarY KAY: OS SOÑOS DA PERCEBEIRA


Clicade na imaxe de Mary Kay para ler a carta que nos enviou.

Nela conta os soños da percebeira Pilocha da Rocha.

Durante as vacacións de Nadal a ver quén é capaz de atopar os seus soños polas diferentes tendas de Sada e facer unha foto para cubrir o caderniño que vos imos entregar no cole.

Á volta de vacacións veremos se temos algunha sorpresa!



viernes, 10 de diciembre de 2021

COS TRABALLIÑOS DE NADAL

 Estes dous días despois da ponte da Constitución estivemos preparando decoración de Nadal para os nosos traballiños e para a nosa árbore de Nadal.








CARTA 4 ILLA FANTASÍA

 Ola familias e nenos/as.

Aquí tedes a última carta chegada da Illa.

No cole xa estivemos traballando moitas cousas das que se mencionan nela.

 Picade na imaxe.


viernes, 3 de diciembre de 2021

DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 3 DE DECEMBRO

 Esta semana estivemos a falar da diversidade.

Todos somos distintos/as e cada un/unha ten as súas habilidades e características, nin mellores nin peores, son únicas, coma cada un de nós.

Tamén falamos sobre a discapacidade. Estivemos vendo unha curta moi interesante e que nos gustou moito.  Aquí vola deixo por se queredes vela. 


Traballamos  o conto do monstro Rosa tratando o tema da diversidade.

Fixemos cada un o seu monstro rosa destacando as nosas características. "Eu podo......"

"Son un monstruo en......"





Traballando a motricidade fina: recortado

 Esta semana no tempo de recantos fixemos un taller de recortado.

Practicamos a recortar en curva e elaboramos unhas bolas de Nadal que están decorando a aula.











CONMEMORACIÓN DIA DO LIBRO

  Esta semana compartimos cos nosos compañeiros e compañeiras de Primaria unha experiencia moi chula. Foron os nosos padriños e madriñas lec...