viernes, 26 de noviembre de 2021

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Esta semana estivemos facendo actividades relacionadas cunha conmemoración escolar importante:

O día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 novembro).

Fixemos o noso particular obradoiro de amor baseándonos na figura dun polbo e estivemos pensando en que cousas boas se poden facer coas mans en lugar de usalas para a violencia.

Mans á obra puxémonos a colaborar para a creación dun polbo xigante co resto de compañeiros e compañeiras do cole. Pintamos un oco de oveira para facer o seu corpo e fixemos cadeas de papel para os tentáculos. Nelas escribimos palabras relacionadas coa non violencia que o polbo chegado da Illa Fantasía nos ensinou.

Tamén utilizamos as nosas mans para crear cada un o seu polbo elaborando unha manualidade que nos quedou chulísima. Aquí vos deixo un video para que vexades todo o que aprendemos.




viernes, 19 de noviembre de 2021

Outono- amanita muscaria

 Continuamos co noso estudo sobre a froitaría e estivemos investigando esta semana, un produto que se vende na froitaría pero non pertence ás froitas e verduras: os fungos.

Xa sabemos que son seres vivos e que non tódolos fungos se poden comer.

Fixemos unha manualidade reciclando algúns materiais sobre unha seta que non se pode comer a AMANITA MUSCARIA.

Aquí vos deixo un vídeo para que vexades canto traballamos.


viernes, 12 de noviembre de 2021

PRESTAMO DE LIBROS NA BIBLIOTECA DO COLE

 Visitamos a biblioteca do cole e collemos un libro de préstamo.

Lucia a orientadora leunos o conto:

 A PREOCUPACION DE LUCIA, e cada un/unha de nós debuxamos  a nosa preocupación e falamos dela.



Aproveitamos tamén a visita para deixar a carta para Mary Kay no buzón de Illa fantasia.

Na carta contámoslle cantas cosas investigamos sobre as froitas,verduras... E tamén sobre o feirón de Sada.




viernes, 5 de noviembre de 2021

PENSANDO, PENSANDO. FACENDO, FACENDO

Esta semana estivemos nos recantos traballando coas construcións. Isto axúdanos moito na nosa orientación espacial, na motricidade fina..... imprescindible para o desenvolmento da lectoescritura.




Estivemos xogando tamén  con plantillas de letras e iniciándonos na asociacións entre maiúsculas e minúsculas, ademais de traballar a motricidade fina (agarre, precisión...)





NOVA CARTA DENDE A ILLA

Coñecemos a Concha do Souto a castañeira e a Carmen da Fía a costureira.

Xa podemos completar dúas mulleres máis na nosa licenza de feirante!!!!!


martes, 2 de noviembre de 2021

OUTONO E SAMAÍN

 Xa estreamos o lobo comecastañas e pasámolo moi ben nos recreos.!!!!!!


Na semana do Samaín estivemos creando monstros a partir de caixas. 

Reutilizamos materiais e facemos consumo responsable.




Samaín e Magosto 2021

 Clicade na imaxe e poderedes ver as fotos do Samaín que fixemos na clase

Pasámolo xenial!!!!




Xoguetes novos

  Esta semana presentamos e estreamos xoguetes novos e entre eles material para o recanto de xogo simbólico. Pasámolo xenial