
Para axudar a Odonata a superar a melancolía élfica que sente que mellor maneira que contaxiarlle un pouco de alegría a través das plantas e flores.
Xa temos na clase os inicios do noso xardín élfico. Á volta de vacacións ampliarémolo entre tod@s.
Xa veredes como.
Na casa tamén podedes ir empezando a crear os vosos xardíns élficos para vencer a melancolía e podedes mandar fotos.Encántanos velas na clase.
Esta semana analizamos as nosas merendas para ver que produtos consumimos.
Aprendemos a cubrir unha táboa.
Entre tódalas cousas que fixemos esta semana, un día especial foi o que adicamos a todas aquelas mulleres ás que admiramos e queremos moito.
Aquí vos deixo unhas fotos cuns debuxos moi fermosos para vós mulleres: nais, avoas, primas.....
Aquí vos deixo o vídeo que vimos para que o recordedes coas vosas familias.
Esta semana vimos varios videos sobre as abellas, aprendimos algunhas cousas curiosas sobre elas e moitos compañeiros e compañeiras trouxeron á clase algunha abella, outros insectos, algún caracol e tamén restos dun panal de abellas.
Moitas grazas por participar e ensinarnos a aprender familias!!!
A vindeira semana continuaremos
Esta semana estivemos facendo collage, pintura con pincel mellorando a nosa axilidade e precisión na man, démoslle traballo ao noso cerebro facendolle pensar para montar un crebacabezas e para deseñar unha construcción orixinal e por último traballamos cos nomes dos compañeiros e compañeiras de clase escribíndoos e vendo que letras tiñan.
Aqui vos deixo un collage
Fixemos un mural entre tod@s @s de infantil traballando tres emocións moi importantes:
ENFADO
TRISTEZA
ALEGRÍA
Esta actividade enmarcámola dentro do proxecto anual do centro "Emocións e ecoloxía".
A nosa compi Manuela cumpriu 5 anos e quixo compartilo con nós traendo a coñecer en compañía do seu papá a Max o seu canciño. Encantounos ...