jueves, 16 de febrero de 2023

Psicomotricidade

Estamos aprendendo unha coreografía nova, coa canción "Ahí viene mamá pata".


Aquí vola deixo para que a poidades escoitar e vos conten os peques como a bailamos.

Temos que seguir practicando!!!!!

Ademais repasamos moitos xogos que xa sabemos facer e que se nos dan moi ben: estatuas, túnel....










 

viernes, 3 de febrero de 2023

Psicomotricidade

 Este trimestre imos traballar moito para aprender diversos xogos aos que despois poidamos xogar no patio.

Esta semana estivemos practicando o xogo das estatuas.

En 4º e 5º de infantil xogamos tamén a imitar animais. Encántanos.

 En 6º de infantil realizamos  un xogo que require velocidade e que se chama a SERPE COMEOVOS. Pasámolo xenial.

Déixovos unhas fotos para que poidades ver que ben o pasamos.

4º infantil





5° infantil







6° infantil







jueves, 2 de febrero de 2023

Valores: Día da Paz

 Co gallo da conmemoración do Día da Paz, esta semana estivemos vendo  unha curta relacionada con esa temática e que lles gustou moito.

Diálogamos, fixemos preguntas .....

Aquí vos deixo o video por se queredes velo na casa.



Déixovos tamén unhas fotiños sobre os traballiños que estivemos facendo









Fin de curso

  Que pasedes feliz verán!!!! Déixovos unhas fotos da merendola na clase e unha fotiño de grupo.