Que pasedes feliz verán!!!!
Déixovos unhas fotos da merendola na clase e unha fotiño de grupo.
O pasado venres celebramos a graduación dos nosos compañeiros e compañeiras de 6° de infantil e quixemos dedicarlles unha actuación.
clicade no enlace para acceder ao álbum
https://photos.app.goo.gl/yraEPbjWkCyUVxMG6
Onte visitamos a Granxa Escola de Belelle.
Fixemos un montón de actividades: plantamos, amasamos pan, vimos os animais da granxa e montamos en poni.
Un día moi completo no que o pasamos moi ben.
Clicade na imaxe para acceder as fotos.
O pasado 30 de maio tivo lugar o Encontro de Illa Fantasia.
Foi un día moi bonito de convivencia: familias, nenos e nenas de Sada e do cole de Mondego, profes.....
Un momento para recordar foi ver elevar o globo que pintamos entre tod@s.
Visitamos Illa Fantasia en Sada: Dragonlady, fadas, piratas , sereas, cabaleiros e damas, duendes...
E por suposto , naceron todos os unicornios dos nenos e nenas de 6° de educación infantil.
" Conta o gran libro da Illa que cando un neno ou nena aprende a ler e escribir nace un unicornio en Illa Fantasia que leva o seu nome para sempre".
Clicade na imaxe para ver as fotos
Que pasedes feliz verán!!!! Déixovos unhas fotos da merendola na clase e unha fotiño de grupo.