viernes, 23 de octubre de 2020

Somos investigadores de bichos

Creamos na aula un recanto de observación.

Estamos feitos uns investigadores!!!!


Apañamos bichos e ímolos vendo.

Esta semana vimos zapateiros (parecían xoaniñas pero non o eran!!!!

Hoxe Carla trouxo caracois.

Os caracois estiveron encantados de vir ao cole porque nos ensinaron os corniños!!!

















lunes, 19 de octubre de 2020

O MEDO!!!

 Nas vindeiras dúas semanas traballaremos sobre o medo. 

Esa emoción á que imos  aprender a facerlle fronte.


Estudaremos tamén cousas sobre as ARAÑAS, un animaliño que se asocia moito ao medo. Así comezaremos o noso caderno de bechos.







































































viernes, 16 de octubre de 2020

Esta semana estivemos traballando máis cousas de outono.

Comezamos o noso caderno de follas, árbores, plantas pegando unha folla de castiñeiro e escribindo esa palabra.

Fixemos un comecastañas para comezar a xogar no recreo a vindeira semana .

Foi moi importante facer a cor marrón. Fixemos maxia coas cores ¿Cales mesturamos? ¿Lembrades?

Pintámolo entre tod@as.

Clica no comecastañas para ver máis fotos


Fixemos tamén unha castaña moi especial










viernes, 9 de octubre de 2020

Recanto do outono

 Montamos na clase un recanto cos tesouros do outono que recollemos a fin de semana.


Estivemos contando que cousas atopamos















Estivemos vendo castañas e fixemos uns bonitos caracois.









viernes, 2 de octubre de 2020

APRENDEMOS E XOGAMOS EN GRUPOS COLABORATIVOS

 Traballamos e xogamos  por equipos.

5 equipos,  5 cores e 5 xogos. 

Cada equipo co seu xogo e na súa zona. Ao longo da semana imos rotando os xogos.

Pasamos un ratiño moi entretido.

Déixovos unha fotos para que vexades como nos organizamos no recreo.












LAVAMOS AS MANS

 Tódolos días unha rutina diaria moi importante é o lavado de mans que realizamos varias veces na xornada.

Xa o facemos moi ben.

Esta canción que nos gusta un montón,  recórdanos tódolos pasos que debemos seguir

Practica moito na casa tamén.



Aquí vos deixo unhas fotos 









Fin de curso

  Que pasedes feliz verán!!!! Déixovos unhas fotos da merendola na clase e unha fotiño de grupo.