Pintamos con pincel, coloreamos, recortamos, pegamos..... e quen saíu?
O BONECO PELÓN.
Aquí vos deixo unha foto.
Pintamos con pincel, coloreamos, recortamos, pegamos..... e quen saíu?
O BONECO PELÓN.
Aquí vos deixo unha foto.
Ainda que celebramos o entroido na casa esta semana rematamos os tambores que tiñamos case listos e as nosas coroas de insectos.
Mirade que chulo nos quedou todo
Esta semana conmemoramos o día de Rosalía facéndolle a nosa particular homenaxe.
Coloreámola ao estilo de Andy Warhol e escoitamos unha canción sobre ela que nos gustou moito.
Clicade na imaxe e poderedes ver algunhas fotos disfrutando do entroido aínda que sexa na casa.
Sen perder o sorriso😘.
Esta semana varios compañeiros e compañeiras trouxeron unhas xoaniñas moi bonitas que fixeron na casa.
Carla fíxoas con tapóns e con porexpán
Esta semana realizamos diversas actividades para conmemorar o día da Paz.
Iris o Camaleón gardián das emocións en Illa Fantasía desapareceu.
A nosa misión era facer un arco da vella para que Iris volva aparecer e evitar así que as emocións negativas afectaran na Illa.
Fixemos uns arco da vella moi especiais.
Tamén pintamos unhas pedra para a árbore de paz traballando a palabra AMIZADE
Déixovos un video para ver como quedou todo
Utilizamos o conto WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ", para traballar este día tan especial, no que todo o cole plantou a súa árbore de paz.
Nós plantamos un madroño e decorámolo coa palabra AMIZADE.
Clicade na imaxe para ver máis fotos
Que pasedes feliz verán!!!! Déixovos unhas fotos da merendola na clase e unha fotiño de grupo.