viernes, 26 de noviembre de 2021

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Esta semana estivemos facendo actividades relacionadas cunha conmemoración escolar importante:

O día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 novembro).

Fixemos o noso particular obradoiro de amor baseándonos na figura dun polbo e estivemos pensando en que cousas boas se poden facer coas mans en lugar de usalas para a violencia.

Mans á obra puxémonos a colaborar para a creación dun polbo xigante co resto de compañeiros e compañeiras do cole. Pintamos un oco de oveira para facer o seu corpo e fixemos cadeas de papel para os tentáculos. Nelas escribimos palabras relacionadas coa non violencia que o polbo chegado da Illa Fantasía nos ensinou.

Tamén utilizamos as nosas mans para crear cada un o seu polbo elaborando unha manualidade que nos quedou chulísima. Aquí vos deixo un video para que vexades todo o que aprendemos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comezamos o 2025!!!!

Os Reis Magos deixáronnos algúns agasallos. Xogos de lóxica matemática, xogo de perruquería, varios disfraces..... Alguns compañeir@s durant...