martes, 21 de diciembre de 2021
Tarabelo nas Ondas: Especial Badaladas de trimestre
Este ano fomos os encargad@s da edición do Tarabelo nas Ondas especial do Nadal.
Picade sobre a imaxe e poderedes escoitar o audio do programa.
Estamos feit@s uns fantásticos locutores.
viernes, 17 de diciembre de 2021
Decoración navideña
Facendo uso do consumo responsable reutilizamos unhas oveiras de cartón para convertelas en fermosas campaniñas para decorar a árbore de Nadal.
CARTA MarY KAY: OS SOÑOS DA PERCEBEIRA
Clicade na imaxe de Mary Kay para ler a carta que nos enviou.
Nela conta os soños da percebeira Pilocha da Rocha.
Durante as vacacións de Nadal a ver quén é capaz de atopar os seus soños polas diferentes tendas de Sada e facer unha foto para cubrir o caderniño que vos imos entregar no cole.
Á volta de vacacións veremos se temos algunha sorpresa!
viernes, 10 de diciembre de 2021
COS TRABALLIÑOS DE NADAL
Estes dous días despois da ponte da Constitución estivemos preparando decoración de Nadal para os nosos traballiños e para a nosa árbore de Nadal.
CARTA 4 ILLA FANTASÍA
Ola familias e nenos/as.
Aquí tedes a última carta chegada da Illa.
No cole xa estivemos traballando moitas cousas das que se mencionan nela.
Picade na imaxe.
viernes, 3 de diciembre de 2021
DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 3 DE DECEMBRO
Esta semana estivemos a falar da diversidade.
Todos somos distintos/as e cada un/unha ten as súas habilidades e características, nin mellores nin peores, son únicas, coma cada un de nós.
Tamén falamos sobre a discapacidade. Estivemos vendo unha curta moi interesante e que nos gustou moito. Aquí vola deixo por se queredes vela.
Traballamos o conto do monstro Rosa tratando o tema da diversidade.
Fixemos cada un o seu monstro rosa destacando as nosas características. "Eu podo......"
"Son un monstruo en......"
Traballando a motricidade fina: recortado
Esta semana no tempo de recantos fixemos un taller de recortado.
Practicamos a recortar en curva e elaboramos unhas bolas de Nadal que están decorando a aula.
Traballando para o encontro final de Illa Fantasia
Esta semana comezamos a traballar no gran globo de papel que imos fabricar cos alumnos para o día de clausura da Illa Fantasia deste curso...

-
O mércores pasado fomos de excursión ao Muncyt a Coruña. Neste museo de ciencia e tecnoloxia gustounos moito ver o avión e os robots, ade...
-
Divertimonos moito pintando con brócoli unha árbore de outono Xa temos listo un ourizo que decorará a nosa porta
-
Temos un novo recanto na aula coa temática de Samain. Practicamos psicomotricidade fina con pinzas collendo bechos terroríficos!!!!