Esta semana estivemos a falar da diversidade.
Todos somos distintos/as e cada un/unha ten as súas habilidades e características, nin mellores nin peores, son únicas, coma cada un de nós.
Tamén falamos sobre a discapacidade. Estivemos vendo unha curta moi interesante e que nos gustou moito. Aquí vola deixo por se queredes vela.
Traballamos o conto do monstro Rosa tratando o tema da diversidade.
Fixemos cada un o seu monstro rosa destacando as nosas características. "Eu podo......"
"Son un monstruo en......"
No hay comentarios:
Publicar un comentario