Chegou carta da illa, para falarnos do día da paz.
Clicade na imaxe de Mary Kay e poderedes lela.
Na carta fálanos dunha historia que conta o Gran Libro da Illa: que en xaneiro de 2022 unha serpe de tres cabezas arrasaría Cabeza de Dragón e que a única maneira para calmar este serpe sería facendolle un menú pacifista para alimentala.
Nós fixemos o noso menú pacifista na clase. Anímovos tamén esta fin de semana a facer o voso menú pacifista e que enviedes fotos ao correo da clase.
Aquí vos deixo a carta para que entredes en detalles:
Tamén como actividade do centro elaboramos entre todos unha Árbore da Paz aproveitando pedazos de telas (consumo responsable). Dita Árbore será recuncho de Paz e resolvedor de conflitos.
Na páxina web do cole colgaremos máis fotos do día da paz.
Para levarnos un recordo da árbore para a casa fixemos cadanseu unha pulseira da paz. Quedáronnos moi bonitas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario